Acompañamento técnico

Como funciona o acompañamento

Visitas mensuais coa dedicación que necesites e criterio técnico entre visitas. Aquí explicamos que inclúe e que queda fóra.

Que se revisa nas visitas

No teu taller, nave ou obra, cando estean as persoas que levan a documentación e preparan os equipos. A duración varía segundo o que precise cada mes.

01

Caducidades

Reviso os últimos 30 días e os próximos 60: pólizas, certificados de Facenda e Seguridade Social, aptos médicos, formacións, revisións de equipos, ITV e REA cando corresponda.

02

Pack de coordinación útil

Preparamos a información que che pide cada cliente a partir dos documentos do teu SPA: riscos, medidas, EPIs, residuos e interferencias propias do traballo real.

03

Cadro de formación

Lista por persoa, posto e traballo previsto; identificamos o que falta e que formación require unha entidade habilitada. A formación externa contrátase co centro correspondente.

04

Revisión do traballo real

Taller, furgoneta, acopio ou obra: equipos, EPIs, orde, produtos químicos, residuos e sinalización. Acta breve con ata tres puntos prioritarios, responsables e datas.

05

Equipos e inspeccións

Diferenciamos inspección OCA, mantemento ou comprobación do empresario (RD 1215/1997) e requisitos contractuais do cliente. Mantemos inventario e calendario.

Dedicación variable: os meses con obra nova ou inspección próxima poden precisar máis tempo ou outra visita, acordada segundo o plan. O seguimento remoto incluído é de 45 min, 90 min ou 3 h segundo o plan.

Que non é o servizo

A acta é unha revisión de acompañamento técnico; non é avaliación de riscos, auditoría acreditada, acta de coordinación nin orde de paralización. Non libera a empresa do seu deber de protección.

  • Non substitúe o servizo de prevención alleo.
  • Non asino avaliacións nin planificación preventiva.
  • Non son recurso preventivo nin coordinador sen designación formal.
  • Non realizo inspeccións OCA nin emito certificados regulamentarios.
  • Non imparto formación homologada nin xestiono plataformas como administrativo.
Alcance: o acompañamento asesora, ordena e ensina. O servizo de prevención, o promotor e a OCA manteñen as funcións que lles corresponden.