Plans e prezos
Unha cota clara. Dedicación acordada.
Prezos sen IVE. A presenza axústase ás necesidades do mes e os límites quedan definidos no plan.
| Inclúe | Micro290 €/mes350,90 € con IVE | Plan habitualEstándar420 €/mes508,20 € con IVE | Intensivo640 €/mes774,40 € con IVE |
|---|---|---|---|
| Perfil | 1–5 persoas, unha plataforma | 6–20 persoas | 15–40, varias obras |
| Visitas presenciais | 1/mes, se hai ruta próxima | 1/mes, ampliables segundo o traballo | Unha ou máis segundo as obras |
| Seguimento remoto | 45 min/mes | 90 min/mes | 3 h/mes |
| Persoas no cadro de formación | Ata 8 | Ata 25 | Ata 50 |
| Plataformas: criterio e aprendizaxe | 1 | 2 | 3 |
| Equipos en inventario | Ata 8 | Ata 20 | Ata 40 |
O plan Micro só se ofrece se a empresa queda de camiño doutra visita ou se se agrupan empresas nunha ruta. A dedicación concreta confírmase na proposta.
Alta inicial: 750 €. Inclúe diagnóstico, carpeta única, cadros de persoas e equipos e calendario de caducidades a 12 meses. Descontarase no pago anual anticipado: 4.637 € + IVE (12 meses do Estándar e alta incluída).
Desprazamento incluído ata 40 km desde Vigo. Para distancias superiores dentro da provincia de Pontevedra, aplícanse 0,30 €/km ou acórdase unha xornada concentrada.
Servizos fóra da cota
O alcance e o prezo confírmanse antes de comezar.
| Servizo adicional | Prezo sen IVE |
|---|---|
| Hora adicional de seguimento | 55 € |
| Visita presencial adicional | 220 € na zona · 280 € fóra |
| Coordinación de seguridade con designación formal | Desde 900 € por obra curta; orzamento segundo alcance |
| Pack de entrada a unha obra ou cliente novo | 480 € |
| Seguimento de caducidades sen visita | 90 €/mes tras o pack inicial |
| Implantación ISO 9001 / 14001 | Proxecto independente |
OCA: a inspección regulamentaria e o certificado correspóndenlle ao Organismo de Control Autorizado. O acompañamento prepara a documentación e pode incluír presenza se se acorda; o cliente paga a OCA directamente.