Aviso Legal e Condicións de Uso

Versión: 1.0.2 | Data de creación: 29 de Abril de 2026

Última actualización: 4 de Xuño de 2026

1. Datos identificativos

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), facilítanse os seguintes datos:

2. Obxecto e uso do portal

O acceso e uso deste portal atribúe a condición de USUARIO. O usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que Compogal ofrece a través do seu portal, asumindo a responsabilidade do uso do mesmo.

3. Propiedade Intelectual e Industrial (IA e Minería de Datos)

Compogal é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web. Prohíbese expresamente calquera forma de reprodución, distribución ou comunicación pública sen autorización.

Minería de Datos e IA: De acordo co artigo 4 da Directiva (UE) 2019/790 sobre dereitos de autor no mercado único dixital, Compogal resérvase o dereito de prohibir o uso dos seus contidos para a minería de textos e datos, así como para o adestramento de modelos de Intelixencia Artificial sen consentimento previo e expreso.

4. Transparencia sobre Sistemas de Intelixencia Artificial

En cumprimento co artigo 50 do Regulamento (UE) 2024/1689 (Regulamento de Intelixencia Artificial / AI Act), infórmase de que este sitio web non utiliza sistemas de intelixencia artificial para a xeración automática dos seus contidos nin para a toma de decisións automatizadas sobre os usuarios. Todos os contidos xurídicos, técnicos e de servizos son redactados e validados integramente por profesionais humanos cualificados.

5. Exclusión de garantías e responsabilidade

Compogal non se fai responsable dos danos de calquera natureza que puidesen ocasionar erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

6. Lexislación aplicable e xurisdición

A relación entre Compogal e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais da cidade de Redondela.